Folk punk

Folk punk
Orixe musicalpunk rock, folk, folk rock británico
Orixe culturalcomezos dos 80 no Reino Unido e Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, guitarra acústica, voces, banjo, batería, violín, mandolina, acordeón, washboard, washtub bass, baixo
Subxéneros
celtic punk, gypsy punk

O folk punk é un xénero musical que fusiona música folk e punk rock. Popularizouse a comezos dos 80 grazas a The Pogues no Reino Unido e a Violent Femmes nos Estados Unidos. O folk punk chegou a conseguir algún éxito entre o grande público durante esa década. En anos recentes os seus subxéneros celtic punk e gypsy punk experimentaron algún éxito comercial.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy